TIEMPO EN O ROSAL 5 DÍAS

PREVISIÓN O ROSAL 5 DÍAS

lunes, 4 de mayo de 2020

PREGUNTAS E RESPOSTAS EN RELACIÓN CO DESENVOLVEMENTO TERCEIRO TRIMESTRE Publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do vixente curso académico, ponse a disposición da comunidade educativa un conxunto de preguntas/respostas coa finalidade de aclarar posibles dúbidas que puidesen xurdir. Trátase dun documento aberto ao que se incorporarán máis cuestións, a medida que se formulen novas dúbidas que precisen dunha aclaración xeral. PREGUNTAS E RESPOSTAS Cando remata o curso escolar 2019/2020? As actividades lectivas do curso escolar seguirán ata o 19 de xuño, tal como vén establecido na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020. Que probas ou traballos se lle poden pedir ao alumnado no terceiro trimestre? O traballo no terceiro trimestre estará enfocado principalmente ao repaso, reforzo e recuperación e adaptado en función de cada etapa, área ou materia, tendo en conta a situación de cada alumno ou alumna coa fin de non sobrecargalos de tarefas excesivas. Pódense combinar traballos individuais ou en equipo, especificamente da materia ou interdisciplinares, etc, coas probas que se estimen procedentes para a valoración do traballo realizado. Entra materia nova no terceiro trimestre? Pode entrar. Pero sempre para favorecer o progreso na aprendizaxe e no desenvolvemento das competencias clave. Esta materia non se avaliará de xeito independente para facer “media” coas cualificacións anteriores. Servirá para mellorar a cualificación obtida na primeira e na segunda avaliación. Se non se imparte materia nova, pódese impartir no vindeiro curso? Si. As programacións didácticas para o curso 2020/20121 deberán ter en conta as adaptacións realizadas na programación neste terceiro trimestre coa finalidade de que o alumnado poida progresar a partir das aprendizaxes anteriores. O traballo do terceiro trimestre vaise avaliar e ter en conta para nota? O traballo feito no terceiro trimestre non será avaliado do mesmo xeito que a avaliación presencial do primeiro e segundo trimestre. O traballo do terceiro trimestre servirá, exclusivamente, para recuperar as avaliacións pendentes ou mellorar a cualificación final. As materias non superadas da primeira e/ou da segunda avaliación poderán recuperarse co traballo e as probas que se poidan facer durante o terceiro trimestre Avalíanse os reforzos e a materia que se avanza? Si. Pero unicamente para favorecer a cualificación final do alumnado. Nunca se poderá minorar a cualificación obtida polo alumnado na primeira e na segunda avaliación. Pode promocionar o alumnado con materias pendentes? Si. O equipo docente ten que valorar a evolución académica do alumnado e as posibilidades que ten de continuar no curso ou etapa posterior co programa de reforzo correspondente. Os criterios de promoción aplicaranse sempre pensando en non prexudicar ao alumnado polo cambio á metodoloxía non presencial. A repetición será unha medida excepcional e estará sempre solidamente argumentada e acompañada dun plan de recuperación. Se un alumno suspende a 3ª avaliación, suspende o curso? O desenvolvemento do terceiro trimestre servirá unicamente para que o alumnado recupere, consolide e avance se fose o caso. En ningún caso poderá verse prexudicado polo traballo desenvolvido de maneira non presencial. Mediante a valoración deste traballo, a través dos instrumentos de avaliación que se utilicen, poderá recuperar, no seu caso, as avaliacións non superadas anteriormente, e/ou mellorar a súa cualificación final. Pódese promocionar de curso na ESO con materias suspensas en xuño? Si. O relevante da decisión non pode ser o número de materias pendentes, senón que o alumnado alcance os obxectivos e as competencias clave da etapa. Tanto na avaliación ordinaria, en xuño, como na extraordinaria en setembro, é posible a adopción da decisión de promoción. Tomarase en consideración aos efectos do momento da toma de decisión, o que resulte máis conveniente para o alumno ou alumna, en relación ao mellor aproveitamento do curso ao que se incorpora. Pódese titular na ESO con materias suspensas en xuño? Si. O relevante da decisión non pode ser o número de materias pendentes, senón verificar que o alumnado alcanza os obxectivos e as competencias clave da etapa. Neste sentido, atenderase a aqueles elementos curriculares máis relevantes e imprescindibles para alcanzar os obxectivos fundamentais desta etapa. Pódense facer probas extraordinarias para recuperación? Os equipos docentes poden facer as probas que consideren oportunas co fin de dar maiores posibilidades ao alumnado para superar a materia correspondente, polos mesmos medios que se veña comunicando co seu alumnado. Hai que modificar as programacións? Hai que adaptar as programacións para centralas, preferentemente, na obtención dos obxectivos e competencias clave da primeira e segunda avaliación, reforzando e consolidando as aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles das mesmas, que garanten a continuidade do proceso educativo ao longo da etapa ou unha vez finalizada a mesma. Así mesmo, establecerase o procedemento para a cualificación final do alumnado. Como hai que avaliar o alumnado dos programas de mellora? Igual que cos do grupo de referencia. A avaliación deste alumnado xa é por ámbitos, o que favorece a súa avaliación integradora. Pódese promocionar no Bacharelato con materias pendentes? Si. A promoción de curso debe de ser a norma xeral tamén no bacharelato. A repetición ten a consideración de medida excepcional. Para a toma de decisión, o equipo docente considerará a evolución do alumno ou alumna, a súa madureza académica e persoal e as posibilidades de aproveitamento no segundo curso. Cando se promociona con materias de contidos progresivos non superadas, hai que matricularse delas no vindeiro curso? Si. Quen promocione con materias pendentes, sexan de continuidade ou non, deberá matricularse delas no seguinte curso. Nas programacións do segundo curso estableceranse as medidas de reforzo e recuperación das materias pendentes. Pódese titular en Bacharelato con materias suspensas? Con carácter xeral, para obter o título de bacharel será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos. Porén, de maneira excepcional, os equipos docentes poderán flexibilizar os criterios de obtención do título, non considerando as limitacións que afecten ao número de materias non superadas. Neste caso, a decisión poderá estar baseada: - En que o alumno ou alumna teña adquirido suficientemente os obxectivos xerais da etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico. - Na evolución académica do alumno ou alumna durante o primeiro e o segundo trimestre, así como ao longo de toda a etapa. - A madureza en relación ao logro dos obxectivos e a adquisición competencias clave da etapa, que lle permitan ao estudante continuar os seus estudos. A decisión de promoción e titulación do alumnado adoptase en xuño ou en setembro? Pódese adoptar a decisión en ambas as dúas convocatorias, tanto na convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de setembro. Na convocatoria extraordinaria de setembro, entra toda a materia do curso? O referente son as aprendizaxes durante os dous primeiros trimestres. A parte de materia que se puidese ter avanzado no terceiro trimestre non entrará na proba extraordinaria.

miércoles, 17 de octubre de 2018


ANPA 2018-19


OS NOSOS NÚMEROS DE CONTACTO
PARA AS VOSAS CONSULTAS

639 902 044

655 603 858

NAS REDES SOCIAIS
FACEBOOK
INSTAGRAM
REXISTRATE NO NOSO BLOG
ANPAMSUAREZMARQUIER.BLOGSPOT.COM