TIEMPO EN O ROSAL 5 DÍAS

PREVISIÓN O ROSAL 5 DÍAS

lunes, 30 de mayo de 2011

CONVOCATORIA ASAMBLEA INFORMATIVA BANCO DE LIBROS

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS       
CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER
CUMIEIRA de ARRIBA S/Nº
O ROSAL-36770                                
TEL: 639 902 044                                                                   
CIF: G-36 023 059

anpamsuarezmarquier.blogspot.com

ASAMBLEA  INFORMATIVA BANCO DE LIBROS


DIA 6 DE XUÑO DE 2011 AS 20,00 H.

A ANPA DO C.P.I. MANUEL SUÁREZ MARQUIER CONVOCA A TODOLOS INTERESADOS A  ASAMBLEA INFORMATIVA COS SEGUINTES PUNTOS NA ORDE DO DÍA:

1º.- FORMACIÓN DO BANCO DE LIBROS.

2º.- XESTIONS REALIZADAS ATA O MOMENTO.

3º.- ROGOS E PREGUNTAS.



O ROSAL, 31 DE MAIO DE 2011.
                                                                  A DIRECTIVA DA ANPA

viernes, 25 de marzo de 2011

CONCURSO FOTOGRAFIA- CONVOCADO POLA ANPA

 AS BASES

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA C.P.I. MANUEL SUÁREZ MARQUIER

PARTICIPANTES: Poderán participar alumnos/as, pais/nais e profesores/as do CPI Manuel Suárez Marquier. O que se pretende e que os pais e os nenos compartan tempo de lecer  e interese por actividades en común.
TEMA: “O Rosal- Paisaxes e Biodiversidade”
NÚMERO DE FOTOGRAFÍAS: Só se poderá presentar unha foto por participante. Non se admitirán fotos retocadas ou melloradas polos diversos programas informáticos existentes. (Ex. Photoshop). As fotografías serán orixinais.
FORMA DE PRESENTACIÓN: O formato das fotografías será preferiblemente dixital nun tamaño entre 1mg  e  3 mg (tomadas con cámara dixital ou teléfono móbil)  que se poderán  en arquivo jpg  ao enderezo de  correo electrónico  anpamsuarezmarquier@gmail.com. Tamén se admitirán outros soportes como  papel fotográfico de 30x40 cm. mínimo e  entregaranse na secretaría do Centro ou na oficina  da Anpa nos horarios de atención , indicando en ambos casos como referencia ”Concurso de fotografía” e os seguintes datos:
Título da fotografía.
Nome e apelidos do  autor/a ou autores.
Data e lugar onde se realizou a fotografía.
Curso.
Teléfono de contacto.
A  ANPA enviará un correo de confirmación a cada participante.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN:  15 de maio de 2011.
PREMIOS:
1º PREMIO: TROFEO, CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL PENTAX 7,2 MPX.
2ºPREMIO: TROFEO E LOTE DE PRODUTOS DOADO POR COMERCIANTES DO  ROSAL.
3ºPREMIO: TROFEO E LOTE DE PRODUTOS DOADO POR COMERCIANTES DO ROSAL.
 
VALORACIÓN: A orixinalidade, a composición, a creatividade e o mensaxe da fotografía.
 O Xurado encargado da selección das fotografías estará formado por representantes da Anpa, pais e profesores do centro. O fallo do concurso farase público a finais do mes de maio de 2011 a través do noso blog  anpamsuarezmarquier.blogspot.com  e dos taboleiros de anuncios do centro. O xurado resérvase o dereito de excluír aquelas fotografías no que o contido sexa
contrario a valores educativos. A criterio do xurado, algunha categoría podería quedar deserta.
EXPOSICIÓN:  As fotografías participantes poderán imprimirse en papel fotográfico pola  Anpa e poderán ser expostas no Colexio. As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade da  Anpa do CPI Manuel Suárez Marquier, que se reservará todos os dereitos  para a exposición ou difusión facendo mención da autoría da obra. Os pais/nais ou titores legais dos participantes autorizan a ANPA a expor as fotografías no
Colexio e no blog da asociación.

A participación implica a aceptación das bases do concurso

anpamsuarezmarquier@gmail.com
                anpamsuarezmarquier.blogspot.com

martes, 22 de marzo de 2011

II XORNADA DE INTERNET

DÍA 25 DE MARZO DE 2011, VENRES
LUGAR: AULA DE INFORMATICA DO CENTRO
HORARIO: COMENZO 20,00H. FINAL 22,00 H.
Servizo de guardería na biblioteca para deixar os nenos pequenos no transcurso da xornada.

Volveremos ver o control parental básico para os nosos fillos e cousas moi interesantes para sacar o máximo proveito de internet.
Informámosvos QUE A XORNADA É GRATUÍTA E QUE DEBEIS APUNTARVOS NO CORREO anpamsuarezmarquier@gmail.com ou no mobil
639902044

miércoles, 16 de marzo de 2011

CONVOCATORIA DE REUNIÓN

O PRÓXIMO DIA 21 DE MARZO DE 2011 AS 20,30 H. CONVOCASE REUNIÓN EXTRAORDINARIA PARA TODOS OS PAIS E NAIS CO FIN DE TRATAR O SEGUINTE:

BANCO DE LIBROS
EXPOSICIÓN E SOLICITUDE DE VOLUNTARIADO PARA CONSTITUCIÓN DE COMISIÓN.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Feliz Navidad



Dende a Directiva da ANPA M.SUAREZ
MARQUIER, queremos desexarvos   un
BO NADAL e que o vindeiro ano   2011,
veña cheo de Ledicia.


jueves, 18 de noviembre de 2010

Próximas xornadas dirixidas aos pais membros do Anpa


A directiva do Anpa organizou para os proximos días dúas Xornadas de actividades que esperamos sexan do voso interese e das cales pasamos a informarvos. Os vosos fillos xa vos entregaron un escrito cos detalles das mesmas e que haberá que devolver cuberto se vos queredes inscribir.

Para o vindeiro dia 23 de novembro de 20,00 a 22,00h.:
Xornada de Cociña de Nadal "Anticrise"

Para o 2 de decembro de 20,00 22,00H :

Xornada de Internet básico para pais e Control Paterno da Internet.

O prezo para ambos é de 5€ persoa. En caso de querer asistir só a un o prezo será de 3€.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

CLUB DE ATLETISMO MANUEL SUÁREZ MARQUIER

DIA 27 DE NOVIEMBRE 2010
LUGAR: TUY ALOYA CAMPO DE FÚTBOL MACOCA
CAMPEONATO COMARCAL (CROSS)
CLASIFICATORIA PARA  CPTO.PROVICIAL.