TIEMPO EN O ROSAL 5 DÍAS

PREVISIÓN O ROSAL 5 DÍAS

miércoles, 29 de junio de 2011

Fotos da 2ª Exhibición de actividades e festa fin de curso 2011

O equipo alevín da actividade de Futbito
O equipo infantil da actividade de Futbito
Roxelio, Marisol(Presid, da Anpa) e Nel
Recoñecemento o traballo dos profes de Futbito. Grazas Nel e Roxelio

jueves, 9 de junio de 2011

CAMBIO DE DÍA Y NUEVAS FECHAS PARA INSCRIBIRSE.AQUAPARK

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS       
CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER
CUMIEIRA de ARRIBA S/Nº
O ROSAL-36770                                
TEL: 639 902 044                                                                   
CIF: G-36 023 059

anpamsuarezmarquier.blogspot.com

Excursión ao AQUAPARK de Cerceda

Estimadas/os  nais e pais, alumnas e alumnos:

Pola presente comunícolles a  todas as  persoas interesadas en participar na EXCURSIÓN AO AQUAPARK  que:
 por motivos alleos a nós  cambiouse a viaxe para o
día domingo 3 de xullo 2011
Hora de saída    :   ás    9h00 da mañá  
Para calquera aclaración: dirixirse a ANPA no móbil 639.902.044 ou
no correo electrónico anpamsuarezmaquier@gmail.com.
Poderán inscribilos no colexio os días 15 de xuño e 22de xuño
de 19:30 a 21:00 horas.
Disculpen as molestias.
Sauda atte. 
A Presidenta da ANPA
Marisol Barceló 
                                           O Rosal 9 de xuño 2011

miércoles, 8 de junio de 2011

EIQUI VOS DEIXAMOS O ENLACE A O DOGA DO 31 DE MAIO SOBRE AS AXUDAS DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO VINDEIRO.TAMÉN TEDES OS IMPRESOS DE SOLICITUDE A CUBRIR QUE PODEDES DESCARGAR.

PREMER NESTE ENLACE.

DOGA DE 31 D EMAIO E IMPRESOS DE SOLICITUDES AO FINAL DO DOCUMENTO.

MODELO DE BANCO DE LIBROS POR EL QUE SE OPTÓ EN LA REUNIÓN DEL 6 DE JUNIO DE 2011

MODIFICACIONES INTRODUCIDAS AL PRIMER DOCUMENTO REDACTADO PARA LA CONSTITUCIÓN DEL BANCO DE LIBROS.


1.- LA DIRECTIVA DEL BANCO DE LIBROS NO RECIBIRA CHEQUES DE LOS PADRES DE LOS ALUMNOS Y ESTOS NO PAGARAN NINGUN TIPO DE CUOTA.

2.- TODOS LOS ALUMNOS PARTICIPANTES APORTARAN LIBROS AL BANCO DE LIBROS.

3.- LOS LIBROS RECIBIDOS SE REPARTIRAN IGUALITARIAMENTE ENTRE LOS COMPONENTES DEL BANCO DE LIBROS.

4.- LOS PADRES TENDRAN QUE COMPRAR LOS LIBROS QUE NECESITEN MENOS LOS LIBROS RECIBIDOS DEL BANCO DE LIBROS.

5.- EL CHEQUE QUE RECIBAN LOS PADRES LO UTILIZARAN EN LA COMPRA DE LOS LIBROS NECESARIOS Y LA CANTIDAD RESTANTE LA PODRÁ EMPLEAR EN LA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR.
LIBRERÍA CERVANTES DA LA FACICILIDAD DE GASTAR EL DINERO SOBRANTE DURANTE LA DURACION DEL CURSO Y NO NECESARIAMENTE EN UNA SOLA VEZ.

6.- LIBRERÍA CERVANTES HARA UN DESCUENTO DEL 15%, EN TODAS LAS COMPRAS DE MATERIAL ESCOLAR QUE SE REALICEN EN SU ESTABLECIMIENTO.


LIBROS GRATUITOS: PRIMARIA 3º Y 4º (REPOSICION DO COLEXIO) HAY QUE COMPRAR LIBRO DE MATEMATICAS (BECA CAMBIO IDIOMA)

LIBROS GRATUITOS  E.S.O.: 2º Y 4º (*)

                                       5º Y 6º LIBROS DOS AÑOS DURACION

(*)       2º ESO: TECNOLOXIA E MATEMATICAS (BECA CAMBIO IDIOMA)
4º ESO: MATEMATICAS, F.Y QUIMICA E TECNOLOXIA, CAMBIA LIBRO DE FRANCES (BECA CAMBIO IDIOMA)

            BECAS GRATUIDADE: 5º Y 6º 1º Y 2º PRIMARIA
                                                      1º Y 3º E.S.O.
1º Y 2º PRIMARIA 1º Y 3º E.S.O. CAMBIAN TODOS LOS LIBROS.

MATRICULACION ALUMNOS: PRIMARIA: DEL 20 AL 30 DE JUNIO.
                                                        ESO: DEL 25 DE JUNIO AL 10 DE JULIO.
SOLICITUDE DE BECAS: PRIMARIA DO 1 O 30 DE XUÑO
                                              ESO: DO 25 DE XUÑO O 25 DE XULLO.

O ROSAL 1 JUNIO 2011

DOG31DE MAIO-PROGRAMA REPOSICION DE LIBROS DE TEXTO

Programa de repo­sición de libros de texto e materiais curriculares nos niveis de 3.º e 4.º de Ed. Primaria e 2.º e 4.º da ESO para as materias que non cambian de idioma.
Convoca: Consellería de educación
Contido:
1. Esta orde ten por finalidade regular o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares que se desenvolverá no curso escolar 2011/2012.
2. O programa ten como obxectivo facilitar ao alumnado, mediante o sistema de cesión de uso, os libros de texto  e materiais curriculares necesarios para cursar os estudos correspondentes aos anteditos niveis, de acordo coa relación de libros de texto incluídos no programa.
3. O programa será de aplicación a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Non se inclúen neste programa aqueles libros de texto que en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, cambian de lingua.
5. Non poderán adquirirse aqueles libros que, por calquera motivo, non poidan ser reutilizados polo alumnado durante catro cursos escolares, nin outros materiais de uso persoal  tales como cadernos de idiomas, de exercicios ou libros en que se escriba, pinte ou recorte, nin dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais de características similares.
6. Os centros educativos que optasen por substituír a adquisición dos libros de texto para unha ou varias áreas por materiais curriculares elaborados polo correspondente departamento do centro, poderán proceder á reposición destes por deterioración e incremento dentro dos límites máximos fixados no artigo sexto desta orde e sempre que non sexan materias que cambien de idioma. O importe destinado a esta actuación deberá acreditarse mediante factura que quedará arquivada no centro.
Beneficiarios
Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario.
Préstamo: Importe máximo
A adquisición dos libros de texto realízase a través do centros, podendo empregar os alumnos os libros en réxime de cesión de uso.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os seguintes importes máximos por alumno ou alumna acollidos ao programa e curso:
A limitación de reposición por deterioración será conxunta para todos os cursos, é dicir, cada centro poderá repoñer un maior importe que o previsto en calquera dos cursos sempre e cando se repoña menos  noutros e a suma da reposición por deterioración de todos os cursos non supere a suma das contías establecidas no cadro anterior.
Os importes máximos por alumno ou alumna para reposición por incremento de  alumnado ou para novas incorporacións, en cada curso, poderanse superar sempre e cando se compense con gastos inferiores ao máximo para outros alumnos ou alumnas do mesmo curso.
Incorporación de novo alumnado ao longo do curso
Inclúese no programa ao novo alumnado que se incorpore ao centro ata o 31 de marzo de 2012, en calquera dos cursos obxecto desta orde.
A adquisición dos libros de texto das materias que non cambien de idioma para este alumnado, unha vez presentada a xustificación inicial, será tramitada pola dirección do centro empregando o Anexo II da orde de convocatoria.
O prazo para que as librarías presenten as facturas correspondentes ás novas incorporacións remata o día 15 de abril de 2012.
Os centros dispoñen de prazo para a xustificación dos gastos dos libros correspondentes ás novas incorporacións ata o 30 de abril de 2012. Esta xustificación realizarase mediante o anexo IV desta orde.
Non está incluído dentro do ámbito desta orde de convocatoria o alumnado de centros específicos de educación especial ou de unidades específicas de educación especial en centros ordinarios.
Para máis información contacte co seu centro educativo.
Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 546 521
881 997 385
981 547 301
981 546 516
981 546 525
981 546 523
Convocatoria completa no DOG do 31 de maio

Axudas para adquisición de libros de texto-DOG31demaio

Axudas para a adquisición de libros de texto para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
Convoca: Consellería de Educación
Contido: O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
Requisitos 1.      Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria, en 1º ou 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2.     Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.     Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación:
As solicitudes entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
Prazo:
O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta convocatoria será de un mes, segundo se indica a continuación:
1.  Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 1 ao 30 de xuño de 2011, ambos inclusive.
2.  Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.
3.  Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive
4.  Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados o prazo de un mes contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2012.
Para máis información contacte co seu centro educativo.Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 546 521
881 997 385
981 547 301
981 546 516
981 546 525
981 546 523
Convocatoria completa no DOG do 31 de maio