TIEMPO EN O ROSAL 5 DÍAS

PREVISIÓN O ROSAL 5 DÍAS

lunes, 15 de septiembre de 2014


Estimad@s nais e pais,

Como xa sabedes os que tendes fillos en primaria e como información a todos aqueles con fillos en secundaria.

En primaria falta un mestre que debería terse incorporado o 1 de setembro.

Despois de reclamar por parte da Dirección do centro,reiteradamente,a asignación deste mestre(que nos corresponde pola lei de cupos),a día de hoxe a resposta segue sen chegar.
O profesorado,conxuntamente coa directiva desta Anpa,decidiu mobilizarse para reclamar o que por lei nos pertence.

Nestes intres seguimos sin ter resposta positiva por parte do delegado de Educación, nin outro responsable,  polo tanto non nos queda outra que seguir pedindo o que nos corresponde, por iso, convocámosvos de novo para este luns,día 15 de setembro,para asamblea extraordinaria de pais/nais tanto de primaria como de secundaria ás 20:00h. no colexio,onde vos contaremos como está o asunto e decidiranse as vindeiras medidas de presión a adoptar.

En principio temos unha proposta para nova concentración no Colexio diante dos medios despois da Asamblea, e tamén, de maneira simbólica, recibir unha clase para reivindicar o profesor que non temos ainda, para isto pedímosvos que todo aquel que poída veña a Asamblea en chandal ou roupa apropiada de ximnasia.

É moi importante a vosa presenza e apoio maioritario.Esperámosvos a todos!!!!


Un saúdo


A Directiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario