TIEMPO EN O ROSAL 5 DÍAS

PREVISIÓN O ROSAL 5 DÍAS

lunes, 3 de noviembre de 2014

Despois da Asamblea Extraordinaria do pasado xoves queremos informarvos das propostas presentadas e acordadas por esta Anpa.

1º Decidiuse por maioria non asistir a entrevista concertada co Xefe Territorial en Pontevedra para este martes día 4 as 13 h. Temos claro que non ten sentido escoitar as mismas explicacións e perder o tempo nun desprazamento que para nos supon un gran esforzo. Xa se lles comunicoú a necesidade de que fora no noso Concello e no noso Colexio, salvo que fixeran propostas de avance.
Para iso queríamos falar en conversa telefónica con eles, para saber se a reunión sería para avanzar na solución do problema.
2º Fíxose unha proposta de por cara a reclamación a tavés das redes sociales e o blog. Todas as semanas colgarase unha foto dun pai voluntario co slogan de reclamación que o mesmo decida.
Se queredes participar podendes chamar ao noso móbil.
3ºVotamos tamén a proposta de non mandar os nenos a clase. Esta proposta realizarase previa consulta que faremos mediante enquisa e que recibiran todos os pais do Colexio. O que se pretende e comprobar o grado de apoio das familias e ver si se pode levar a cabo xa que é unha medida que require da máxima unidade.
4º Acordouse por unanimidade solicitar ao Concello un Pleno Extraordinario, esperamos que a proposta de todos os grupos políticos, no que se nos comuniquen as medidas adoptadas despois de aprobar no anterior pleno o punto de apoiar as nosas reclamacions é esixir o envio do profesor que falta. Tamén que medidas vánse a tomar de aquí en diante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario