TIEMPO EN O ROSAL 5 DÍAS

PREVISIÓN O ROSAL 5 DÍAS

miércoles, 8 de junio de 2011

Axudas para adquisición de libros de texto-DOG31demaio

Axudas para a adquisición de libros de texto para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
Convoca: Consellería de Educación
Contido: O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
Requisitos 1.      Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria, en 1º ou 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2.     Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.     Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación:
As solicitudes entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
Prazo:
O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta convocatoria será de un mes, segundo se indica a continuación:
1.  Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 1 ao 30 de xuño de 2011, ambos inclusive.
2.  Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.
3.  Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive
4.  Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados o prazo de un mes contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2012.
Para máis información contacte co seu centro educativo.Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 546 521
881 997 385
981 547 301
981 546 516
981 546 525
981 546 523
Convocatoria completa no DOG do 31 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario