TIEMPO EN O ROSAL 5 DÍAS

PREVISIÓN O ROSAL 5 DÍAS

miércoles, 8 de junio de 2011

DOG31DE MAIO-PROGRAMA REPOSICION DE LIBROS DE TEXTO

Programa de repo­sición de libros de texto e materiais curriculares nos niveis de 3.º e 4.º de Ed. Primaria e 2.º e 4.º da ESO para as materias que non cambian de idioma.
Convoca: Consellería de educación
Contido:
1. Esta orde ten por finalidade regular o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares que se desenvolverá no curso escolar 2011/2012.
2. O programa ten como obxectivo facilitar ao alumnado, mediante o sistema de cesión de uso, os libros de texto  e materiais curriculares necesarios para cursar os estudos correspondentes aos anteditos niveis, de acordo coa relación de libros de texto incluídos no programa.
3. O programa será de aplicación a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Non se inclúen neste programa aqueles libros de texto que en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, cambian de lingua.
5. Non poderán adquirirse aqueles libros que, por calquera motivo, non poidan ser reutilizados polo alumnado durante catro cursos escolares, nin outros materiais de uso persoal  tales como cadernos de idiomas, de exercicios ou libros en que se escriba, pinte ou recorte, nin dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais de características similares.
6. Os centros educativos que optasen por substituír a adquisición dos libros de texto para unha ou varias áreas por materiais curriculares elaborados polo correspondente departamento do centro, poderán proceder á reposición destes por deterioración e incremento dentro dos límites máximos fixados no artigo sexto desta orde e sempre que non sexan materias que cambien de idioma. O importe destinado a esta actuación deberá acreditarse mediante factura que quedará arquivada no centro.
Beneficiarios
Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario.
Préstamo: Importe máximo
A adquisición dos libros de texto realízase a través do centros, podendo empregar os alumnos os libros en réxime de cesión de uso.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os seguintes importes máximos por alumno ou alumna acollidos ao programa e curso:
A limitación de reposición por deterioración será conxunta para todos os cursos, é dicir, cada centro poderá repoñer un maior importe que o previsto en calquera dos cursos sempre e cando se repoña menos  noutros e a suma da reposición por deterioración de todos os cursos non supere a suma das contías establecidas no cadro anterior.
Os importes máximos por alumno ou alumna para reposición por incremento de  alumnado ou para novas incorporacións, en cada curso, poderanse superar sempre e cando se compense con gastos inferiores ao máximo para outros alumnos ou alumnas do mesmo curso.
Incorporación de novo alumnado ao longo do curso
Inclúese no programa ao novo alumnado que se incorpore ao centro ata o 31 de marzo de 2012, en calquera dos cursos obxecto desta orde.
A adquisición dos libros de texto das materias que non cambien de idioma para este alumnado, unha vez presentada a xustificación inicial, será tramitada pola dirección do centro empregando o Anexo II da orde de convocatoria.
O prazo para que as librarías presenten as facturas correspondentes ás novas incorporacións remata o día 15 de abril de 2012.
Os centros dispoñen de prazo para a xustificación dos gastos dos libros correspondentes ás novas incorporacións ata o 30 de abril de 2012. Esta xustificación realizarase mediante o anexo IV desta orde.
Non está incluído dentro do ámbito desta orde de convocatoria o alumnado de centros específicos de educación especial ou de unidades específicas de educación especial en centros ordinarios.
Para máis información contacte co seu centro educativo.
Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 546 521
881 997 385
981 547 301
981 546 516
981 546 525
981 546 523
Convocatoria completa no DOG do 31 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario