Programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares nos niveis de 3.º e 4.º de Ed. Primaria e 2.º e 4.º da ESO para as materias que non cambian de idioma.
Convoca: Consellería de educación
Contido:
1. Esta orde ten por finalidade regular o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares que se desenvolverá no curso escolar 2011/2012.
2. O programa ten como obxectivo facilitar ao alumnado, mediante o sistema de cesión de uso, os libros de texto e materiais curriculares necesarios para cursar os estudos correspondentes aos anteditos niveis, de acordo coa relación de libros de texto incluídos no programa.
3. O programa será de aplicación a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Non se inclúen neste programa aqueles libros de texto que en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, cambian de lingua.
5. Non poderán adquirirse aqueles libros que, por calquera motivo, non poidan ser reutilizados polo alumnado durante catro cursos escolares, nin outros materiais de uso persoal tales como cadernos de idiomas, de exercicios ou libros en que se escriba, pinte ou recorte, nin dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais de características similares.
6. Os centros educativos que optasen por substituír a adquisición dos libros de texto para unha ou varias áreas por materiais curriculares elaborados polo correspondente departamento do centro, poderán proceder á reposición destes por deterioración e incremento dentro dos límites máximos fixados no artigo sexto desta orde e sempre que non sexan materias que cambien de idioma. O importe destinado a esta actuación deberá acreditarse mediante factura que quedará arquivada no centro.
Beneficiarios
Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario.
Préstamo: Importe máximo
A adquisición dos libros de texto realízase a través do centros, podendo empregar os alumnos os libros en réxime de cesión de uso.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os seguintes importes máximos por alumno ou alumna acollidos ao programa e curso:
A limitación de reposición por deterioración será conxunta para todos os cursos, é dicir, cada centro poderá repoñer un maior importe que o previsto en calquera dos cursos sempre e cando se repoña menos noutros e a suma da reposición por deterioración de todos os cursos non supere a suma das contías establecidas no cadro anterior.
Os importes máximos por alumno ou alumna para reposición por incremento de alumnado ou para novas incorporacións, en cada curso, poderanse superar sempre e cando se compense con gastos inferiores ao máximo para outros alumnos ou alumnas do mesmo curso.
Incorporación de novo alumnado ao longo do curso
Inclúese no programa ao novo alumnado que se incorpore ao centro ata o 31 de marzo de 2012, en calquera dos cursos obxecto desta orde.
A adquisición dos libros de texto das materias que non cambien de idioma para este alumnado, unha vez presentada a xustificación inicial, será tramitada pola dirección do centro empregando o Anexo II da orde de convocatoria.
O prazo para que as librarías presenten as facturas correspondentes ás novas incorporacións remata o día 15 de abril de 2012.
Os centros dispoñen de prazo para a xustificación dos gastos dos libros correspondentes ás novas incorporacións ata o 30 de abril de 2012. Esta xustificación realizarase mediante o anexo IV desta orde.
Non está incluído dentro do ámbito desta orde de convocatoria o alumnado de centros específicos de educación especial ou de unidades específicas de educación especial en centros ordinarios.
Para máis información contacte co seu centro educativo.
Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 546 521
881 997 385
981 547 301
981 546 516
981 546 525
981 546 523
Convocatoria completa no DOG do 31 de maio
miércoles, 8 de junio de 2011
Axudas para adquisición de libros de texto-DOG31demaio
Axudas para a adquisición de libros de texto para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
Convoca: Consellería de Educación
Contido: O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
Requisitos 1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria, en 1º ou 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación:
As solicitudes entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
Prazo:
O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta convocatoria será de un mes, segundo se indica a continuación:
1. Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 1 ao 30 de xuño de 2011, ambos inclusive.
2. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.
3. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive
4. Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados o prazo de un mes contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2012.
Para máis información contacte co seu centro educativo.Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:

lunes, 30 de mayo de 2011
CONVOCATORIA ASAMBLEA INFORMATIVA BANCO DE LIBROS
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
CUMIEIRA de ARRIBA S/Nº
O ROSAL-36770
TEL: 639 902 044
CIF: G-36 023 059
anpamsuarezmarquier.blogspot.com
ASAMBLEA INFORMATIVA BANCO DE LIBROS
DIA 6 DE XUÑO DE 2011 AS 20,00 H.
A ANPA DO C.P.I. MANUEL SUÁREZ MARQUIER CONVOCA A TODOLOS INTERESADOS A ASAMBLEA INFORMATIVA COS SEGUINTES PUNTOS NA ORDE DO DÍA:
1º.- FORMACIÓN DO BANCO DE LIBROS.
2º.- XESTIONS REALIZADAS ATA O MOMENTO.
3º.- ROGOS E PREGUNTAS.
O ROSAL, 31 DE MAIO DE 2011.
A DIRECTIVA DA ANPA
viernes, 25 de marzo de 2011
CONCURSO FOTOGRAFIA- CONVOCADO POLA ANPA
AS BASES
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA C.P.I. MANUEL SUÁREZ MARQUIER
TEMA: “O Rosal- Paisaxes e Biodiversidade”
NÚMERO DE FOTOGRAFÍAS: Só se poderá presentar unha foto por participante. Non se admitirán fotos retocadas ou melloradas polos diversos programas informáticos existentes. (Ex. Photoshop). As fotografías serán orixinais.
FORMA DE PRESENTACIÓN: O formato das fotografías será preferiblemente dixital nun tamaño entre 1mg e 3 mg (tomadas con cámara dixital ou teléfono móbil) que se poderán en arquivo jpg ao enderezo de correo electrónico anpamsuarezmarquier@gmail.com. Tamén se admitirán outros soportes como papel fotográfico de 30x40 cm. mínimo e entregaranse na secretaría do Centro ou na oficina da Anpa nos horarios de atención , indicando en ambos casos como referencia ”Concurso de fotografía” e os seguintes datos:
Título da fotografía.
Nome e apelidos do autor/a ou autores.
Título da fotografía.
Nome e apelidos do autor/a ou autores.
Data e lugar onde se realizou a fotografía.
Curso.
Teléfono de contacto.
Curso.
Teléfono de contacto.
A ANPA enviará un correo de confirmación a cada participante.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: 15 de maio de 2011.
PREMIOS:
1º PREMIO: TROFEO, CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL PENTAX 7,2 MPX.
2ºPREMIO: TROFEO E LOTE DE PRODUTOS DOADO POR COMERCIANTES DO ROSAL.
3ºPREMIO: TROFEO E LOTE DE PRODUTOS DOADO POR COMERCIANTES DO ROSAL.
2ºPREMIO: TROFEO E LOTE DE PRODUTOS DOADO POR COMERCIANTES DO ROSAL.
3ºPREMIO: TROFEO E LOTE DE PRODUTOS DOADO POR COMERCIANTES DO ROSAL.
VALORACIÓN: A orixinalidade, a composición, a creatividade e o mensaxe da fotografía.
O Xurado encargado da selección das fotografías estará formado por representantes da Anpa, pais e profesores do centro. O fallo do concurso farase público a finais do mes de maio de 2011 a través do noso blog anpamsuarezmarquier.blogspot.com e dos taboleiros de anuncios do centro. O xurado resérvase o dereito de excluír aquelas fotografías no que o contido sexa
contrario a valores educativos. A criterio do xurado, algunha categoría podería quedar deserta.
contrario a valores educativos. A criterio do xurado, algunha categoría podería quedar deserta.
EXPOSICIÓN: As fotografías participantes poderán imprimirse en papel fotográfico pola Anpa e poderán ser expostas no Colexio. As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade da Anpa do CPI Manuel Suárez Marquier, que se reservará todos os dereitos para a exposición ou difusión facendo mención da autoría da obra. Os pais/nais ou titores legais dos participantes autorizan a ANPA a expor as fotografías no
Colexio e no blog da asociación.
Colexio e no blog da asociación.
A participación implica a aceptación das bases do concurso
anpamsuarezmarquier@gmail.com
martes, 22 de marzo de 2011
II XORNADA DE INTERNET
DÍA 25 DE MARZO DE 2011, VENRES
LUGAR: AULA DE INFORMATICA DO CENTRO
HORARIO: COMENZO 20,00H. FINAL 22,00 H.
Servizo de guardería na biblioteca para deixar os nenos pequenos no transcurso da xornada.
LUGAR: AULA DE INFORMATICA DO CENTRO
HORARIO: COMENZO 20,00H. FINAL 22,00 H.
Servizo de guardería na biblioteca para deixar os nenos pequenos no transcurso da xornada.
Volveremos ver o control parental básico para os nosos fillos e cousas moi interesantes para sacar o máximo proveito de internet.
Informámosvos QUE A XORNADA É GRATUÍTA E QUE DEBEIS APUNTARVOS NO CORREO anpamsuarezmarquier@gmail.com ou no mobil
639902044
639902044
miércoles, 16 de marzo de 2011
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
O PRÓXIMO DIA 21 DE MARZO DE 2011 AS 20,30 H. CONVOCASE REUNIÓN EXTRAORDINARIA PARA TODOS OS PAIS E NAIS CO FIN DE TRATAR O SEGUINTE:
BANCO DE LIBROS
EXPOSICIÓN E SOLICITUDE DE VOLUNTARIADO PARA CONSTITUCIÓN DE COMISIÓN.
BANCO DE LIBROS
EXPOSICIÓN E SOLICITUDE DE VOLUNTARIADO PARA CONSTITUCIÓN DE COMISIÓN.
lunes, 20 de diciembre de 2010
Feliz Navidad
Suscribirse a:
Entradas (Atom)